Camiño de navegación

visita

Información xeral

AVISO IMPORTANTE:

As visitas dos sábados están suspendidas ata novo aviso.

As visitas á exposición Democracia Parlamento Constitución están suspendidas temporalmente por obras de mantemento.

Todas as visitas están suxeitas á actividade da Cámara e pódense suspender por Actos Institucionais ou Parlamentarios, en cuxo caso, avisarase neste mesmo medio.

Durante o mes de agosto e nos días festivos non se realizan visitas.

Todas as visitas son de balde.

Informámoslles que non está permitido acceder ó recinto parlamentario con obxectos punzantes e/ou cortantes, nin con recipientes que conteñan líquidos, xeles ou substancias similares.

Durante o percorrido poderán tomarse fotografías das estancias e do patrimonio da Cámara sempre e cando non se altere o transcurso da visita e respectando, en todo momento, a actividade parlamentaria. Así mesmo, non se poderá fotografar ó persoal da Cámara nin ó de Seguridade.

Visitas guiadas

Todas as visitas requiren unha reserva previa.

Visitas guiadas mes de xullo ás 12 horas

De luns a venres, ás 12 horas da mañá e durante este mes de xullo de 2026, o Congreso ofrece a posibilidade de realizar unha visita guiada ao Palacio.

Todas estas visitas requiren unha reserva previa desde a ligazón que estará activa desde o 22 de xuño ás 10 horas. Reserva visitas xullo ás 12 horas.

Permitirase facer a reserva de praza para un adulto con tres acompañantes como máximo (os menores de 14 anos non contabilizan, permitindo un máximo de 5 menores por solicitude).

Non se permitirá acceder ao recinto con obxectos punzantes e/ou cortantes, nin con recipientes que conteñas líquidos, xeles ou substancias similares.

Todas as visitas están supeditadas á actividade parlamentaria, polo que poderían verse suspendidas.

Para obter máis información pode chamar ao 91 390 65 25.

Visitas individuais ao Palacio do Congreso dos Deputados

Os venres ás 12:00 e os sábados de 10:30 a 12:30 horas, previa reserva vía online na seguinte ligazón: Reserva visitas guiadas individuais, abrirase o prazo de inscrición desde as 13.00 h. do sábado anterior ás visitas.

Será necesaria a presentación do DNI ou Pasaporte á entrada.

Visitas de grupos ao Palacio do Congreso dos Deputados

Luns a xoves de 9:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas, e venres de 9:00 a 13:00.

As solicitudes poden realizarse por parte de calquera entidade (centro educativo, cultural, asociación, etc.,), por carta ou correo electrónico, onde conste:

- Nome da entidade
- Enderezo completo, teléfono e persoa de contacto
- Número de visitantes (posteriormente solicítase nome e DNI)

Dirixíndoas a:

Unidad de Guías
Palacio del Congreso de los Diputados
Plaza de las Cortes, núm. 1
28014 MADRID
Correo electrónico: visitasguiadas@congreso.es
Teléfono: 91 390 65 25

Os alumnos de centros escolares terán que estar cursando, polo menos, 1º de E.S.O.
Cada grupo constará dun máximo de 50 persoas. Unha mesma entidade pode concertar máis dunha visita se o número de persoas excede esa cota.

Visitas a exposicións

Visitas á exposición Democracia Parlamento Constitución

Os luns á 12:00 h., previa reserva vía online na seguinte ligazón: Reserva visitas guiadas Democracia Parlamento Constitución. O prazo de inscripción abrirase dezaseis días antes, o sábado ás 13.00 h.

Esta visita non inclúe nin o hemiciclo nin ningunha das salas do Palacio.

A exposición permanente ocupa o espazo previsto para iso no soto do Palacio do Congreso dos Deputados. Trátase do situado baixo o salón de sesións, formado por tres aneis, unha bóveda e tres salas.

O tema DEMOCRACIA ocupa o anel exterior, o tema PARLAMENTO o intermedio e o tema CONSTITUCIÓN o interior.

Será necesaria a presentación do DNI ou Pasaporte á entrada.