Breadcrumb
Navigation Menu
- Actualidade
- Iniciativas
- Intervencións
-
Actividade Internacional
- Liñas directrices da actividade internacional
- Asembleas Parlamentarias Internacionais
- Actividade internacional da semana
- Visitas de xefes de Estado ás Cortes Xerais
- Viaxes de delegacións oficiais
- Viaxes de Comisión
- Conferencias parlamentarias da Unión Europea
- Foros Parlamentarios
- Cooperación Parlamentaria
- Datos económicos
- Histórico
- Unión Europea
conferencia europa
CONFERENCIA SOBRE O FUTURO DE EUROPA
PRESENTACIÓN DE INICIATIVAS E PROPOSTAS
O 9 de maio comezaron os traballos da Conferencia sobre o futuro de Europa, que pretende sentar as bases da reforma das institucións europeas nos próximos anos, das súas capacidades competenciais e financeiras, dos seus principios e dos seus procesos de decisión.
A Conferencia sobre o futuro de Europa brinda unha oportunidade única no momento preciso para que os cidadáns europeos debatan sobre os retos e as prioridades de Europa.
O Congreso dos deputados e o Senado, en consecuencia, queren e deben asumir a súa responsabilidade neste proceso de reforma da Unión Europea. Para isto, contan cun instrumento de traballo fundamental, a Comisión Mixta para a Unión Europea, que, en estreito contacto co Goberno de España, seguiu o proceso de preparación da Conferencia e que asumirá nos próximos meses o desenvolvemento de actividades de debate da Conferencia en España, dentro e fóra do Parlamento.
Con ese fin, o Congreso e o Senado crearon, no seo da Comisión Mixta para a Unión Europea, unha caixa do correo electrónica pública para a presentación de iniciativas e propostas, que deberán ser obxecto de estudo e tratamento por parte da Comisión.
As propostas que se remitan deberán estar centradas nos grandes temas que se debaten na Conferencia:
|
|
|
|
Acceso á caixa do correo electrónico europa@congreso.es para o envío de iniciativas e propostas
Acceso á consulta das contribucións recibidas
Acceso á plataforma de participación xeral da Conferencia sobre o futuro de Europa
Información sobre eventos e actividades
Neste apartado, incluirase a información sobre os eventos relacionados coa Conferencia que se organicen no marco das Cortes Xerais.
Consentimento para a publicación na páxina web do Congreso
As propostas remitidas á Comisión Mixta para a Unión Europea a través da caixa do correo electrónico serán publicadas na páxina web do Congreso para o seu coñecemento público, salvo indicación expresa do contrario na mensaxe de envío.
Protección de datos de carácter persoal. Información básica
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, xeral de protección de datos e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámoslle de que os seus datos poden ser tratados polo Congreso dos deputados coa finalidade de xestionar as contribucións formuladas polos cidadáns para os traballos da Comisión Mixta para a Unión Europea relativos á Conferencia para o futuro de Europa. En todo momento, vostede poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade e oposición sobre os seus datos persoais que puideran ser incorporados aos nosos ficheiros.