Camiño de navegación

visita

Visitas Portas Abertas 2024

As Xornadas de Portas Abertas do Congreso dos Deputados do ano 2024 terán lugar os días 14 e 15 de xuño, de 09:30 a 19:00 horas.

As reservas realizaranse a través da páxina web. Na seguinte ligazón poderá facer a reserva dun adulto con tres acompañantes como máximo (os menores de 14 anos non contabilizan e só se permitirá un máximo de 5 menores por solicitude). Reserva de Visita Portas Abertas.

O formulario abrirase o día 27 de maio ás 10:00 horas e pecharase o día 13 de xuño ás 09:00 horas.

As persoas maiores de 65 anos non terán que reservar de forma anticipada e poderán acudir acompañadas por unha persoa.

Non se permitirá acceder ao recinto con obxectos punzantes e/ou cortantes, nin con recipientes que conteñas líquidos, xeles ou substancias similares.

Para obter máis información pode chamar ao 913906525.

Visitas guiadas. Información xeral

Todas as visitas están suxeitas á actividade da Cámara e pódense suspender por Actos Institucionais ou Parlamentarios, en cuxo caso, avisarase neste mesmo medio.

Durante o mes de agosto e nos días festivos non se realizan visitas.

Todas as visitas requiren unha reserva previa.

Todas as visitas son guiadas e gratuítas.

Informamos de que no Congreso non están permitidas as gravacións nin tomar fotografías. Tampouco está autorizado o acceso ao recinto parlamentario con obxectos punxentes ou cortantes, nin con recipientes que conteñan líquidos, xeles ou substancias similares.

Tipos de visitas guiadas

Visitas individuais ao Palacio do Congreso dos Deputados

Os venres ás 12:00 e os sábados de 10:30 a 12:30 horas, previa reserva vía online na seguinte ligazón: Reserva visitas guiadas individuais, abrirase o prazo de inscrición desde as 13.00 h. do sábado anterior ás visitas.

Será necesaria a presentación do DNI ou Pasaporte á entrada.

Visitas individuais á exposición Democracia Parlamento Constitución

Os luns á 12:00 h., , previa reserva vía online na seguinte ligazón: Reserva visitas guiadas Democracia Parlamento Constitución. O prazo de inscripción abrirase dezaseis días antes, o sábado ás 13.00 h.

Esta visita non inclúe nin o hemiciclo nin ningunha das salas do Palacio.

A exposición permanente ocupa o espazo previsto para iso no soto do Palacio do Congreso dos Deputados. Trátase do situado baixo o salón de sesións, formado por tres aneis, unha bóveda e tres salas.

O tema DEMOCRACIA ocupa o anel exterior, o tema PARLAMENTO o intermedio e o tema CONSTITUCIÓN o interior.

Será necesaria a presentación do DNI ou Pasaporte á entrada.

Visitas de grupos ao Palacio do Congreso dos Deputados

Luns a xoves de 9:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas, e venres de 9:00 a 13:00.

As solicitudes poden realizarse por parte de calquera entidade (centro educativo, cultural, asociación, etc.,), por carta ou correo electrónico, onde conste:

- Nome da entidade
- Enderezo completo, teléfono e persoa de contacto
- Número de visitantes (posteriormente solicítase nome e DNI)

Dirixíndoas a:

Unidad de Guías
Palacio del Congreso de los Diputados
Plaza de las Cortes, núm. 1
28014 MADRID
Correo electrónico: visitasguiadas@congreso.es
Teléfono: 91.390.65.25

Os alumnos de centros escolares terán que estar cursando, polo menos, 1º de E.S.O.
Cada grupo constará dun máximo de 50 persoas. Unha mesma entidade pode concertar máis dunha visita se o número de persoas excede esa cota.